jueves, 15 de marzo de 2012

A Asociación Neria


                                                                                       

A  Asociación Neria nace como iniciativa dun grupo de alcaldes da Costa da Morte no ano 1992, e ten como obxectivo promover o desenvolvemento social e económico desta comarca, canalizando os esforzos cara a mellora do nivel de benestar e da calidade de vida dos seus habitantes. Polo tanto, trátase dunha organización cun claro enfoque social.

A área de actuación desta asociación comprende 17 municipios: Cabana de Bergantiños, Camariñas, Carnota, Cee, Corcubión, Coristanco, Dumbría, Fisterra, Laxe, Malpica, Mazaricos, Muros, Muxía, Ponteceso, Santa Comba, Vimianzo e Zas. Todos estes concellos teñen en común que son eminentemente rurais, motivo polo cal, Neria pon unha especial énfase no eido do desenvolvemento rural e na loita contra o despoboamento que se está a producir nestes espazos.




Ademais disto, a Asociación Neria leva a cabo moitas iniciativas, entre as cales cabe salientar a creación recentemente dun Centro de Coñecemento da Costa da Morte (C3M), co cal pretende ser partícipe dun fenómeno tan importante como é a Sociedade do Coñecemento, da que xa se falamos con anterioridade neste espazo. Deste xeito, o obxectivo deste proxecto é posibilitar que calquera galego emprender un proceso de innovación e que poida contar cos recursos necesarios para facelo, achegando ao cidadán ás novas tecnoloxías.

Dende este espazo invito a que as persoas da Costa da Morte opinen sobre a importante labor que está a realizar esta Asociación, e que aquelas que non son da comarca comenten se coñecen casos de asociacións que, como Neria, promovan o desenvolvemento dun territorio e que iniciativas están a realizar e con que resultados.

3 comentarios:

  1. Moi interesante iniciativa. Quén lidera o dito centro do coñecemento C3M? como nace? como se financia? onde está exactamente e a qué se dedica?

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Moi interesante que un grupo de alcaldes lograsen unha iniciativa así e con tantos concellos partícipes. Se fose así en tódalas comarcas quizais se podería poñer máis en valor a cultura local. Por exemplo, no caso da Terra Chá, non dispoñemos de ningún tipo de asociación.. o único grupo existente son algúns grupos de música tradicional que tratan de recuperar cancións ou ditos populares da zona, pero nada máis.

      Eliminar
    2. Esta iniciativa conta inicialmente cun investimento do Plan Avanza do Ministerio de Industria, mais o obxectivo é que o C3M se autofinancie a partires dos seus proxectos. O Centro de Coñecemento está situado polo momento na sé de Neria, en Cee, á espera de que se remate o edificio que se está a construir para albergalo. A coordinadora deste proxecto é María Canosa.

      Con respecto ao que comentas, Marta, si que é interesante, e no caso da Terra Cha, quizais eses grupos que existen acaben pasando de asociacións culturais a algo máis co tempo. Penso que o feito de que exista asociacionismo, aínda que sexa para facer música tradicional, xa é positivo.

      Eliminar