A entrada de hoxe é moi especial, xa que tiven a gran
oportunidade de lle facer unhas preguntas a Déborah Morate Núñez, secretaria da Asociación de Mulleres de
Camariñas pola Igualdade da cal falei nunha entrada anterior, e que está a
realizar unha importantísima labor en prol da igualdade de xénero nesa
localidade. Dende aquí aproveito para darlle as grazas por atenderme tan amablemente. A continuación expoño en
detalle a entrevista, coa que persoalmente aprendín moito e coa que estou
segura de que vós tamén o faredes.
P. Cres que a muller no medio rural
está igual de valorada e ten as mesmas oportunidades que no medio urbano?
R. Non, de entrada no medio urbano
a muller ten máis acceso a formación, traballo, ocio, etcétera. Ademais é unha maneira de vivir máis
independente e persoal, mentres que no medio rural a vida da muller é máis
pública e polo tanto sufre de máis presión da sociedade. A valoración da muller
no medio rural tamén é distinta xa que en moitos sitios só se contempla a súa
labor doméstica, aínda non se entende que a muller poida necesitar algo máis
que a familia para sentirse realizada.
P. Dende a túa posición na asociación, percibes moito
machismo no entorno de Camariñas e da Costa da Morte en xeral?
R. Desgraciadamente o machismo
aínda é moi común, e iso que na maioría dos pobos pesqueiros vivimos nunha
sociedade matriarcal, na que a muller carga non só co peso da familia senón co
de moito traballo, inclusive na economía familiar. Pero ao mesmo tempo na
maioría dos pobos pesqueiros séguese a ter unha maneira de pensar moi pechada,
na que aínda que a muller traballe tanto ou máis que o home e teña que tomar
moitas decisións ela soa, pola ausencia do home, que esta no mar, non se
valoriza o seu traballo e segue estando en segundo lugar. A muller ten que
facer todas esas cousas porque "é o seu deber", e así as educan polo
que aínda seguimos moi atrasados nese punto en comparación coas cidades ou
pobos máis grandes.
Nesta comarca o primeiro paso
para a igualdade que estamos levando a cabo, non é educar aos homes para a
igualdade, senón que estamos empezando polas mulleres, para que moitas delas
que aínda non o saben, descubran que hai outra forma de vivir.
P. Cales son, ao teu xuízo, as principais trabas coas que se
atopan as mulleres na Costa da Morte?
R. A
formación e o ocio, neste caso, a maioría do ocio destinado ás mulleres só
contempla actividades popularmente destinadas ás mulleres como costura e o bordado.
Ademais tamén son moi importantes os problemas para conciliar a vida laboral e
familiar e outros.
P. Cres que a situación de desigualdade de oportunidades
entre homes e mulleres tende a reducirse co paso dos anos?
R. Grazas a Deus que si, o que pasa é que é un camiño moi,
moi longo, e os pasiños son moi, moi pequeniños. Con todo, a desigualdade non
se reduce por si soa co paso do tempo, senón que creo que con cada actividade
que facemos nós ou calquera outra entidade vanse abrindo camiños e facendo
adiantos, aínda que só logremos facer pensar a xente, eu considero que por
pouco que se faga, sempre é un graíño de area que se arrima á montaña.
P. Falando da importante labor que estades a desenvolver na vosa asociación, que
proxectos ides levar a cabo proximamente?
R. Imos
realizar unhas xornadas de mulleres emprendedoras, pero dándolle unha
orientación moi distinta ás que celebramos ano pasado. Tamén imos levar a cabo
unha campaña de sensibilización contra a violencia de Xénero ao longo do mes de
novembro, e polo de agora, que estea concretado, nada máis, pero estamos
abertas a distintas posibilidades.
Déixovos o enlace á web da Asociación de Mulleres de Camariñas pola igualdade, onde podedes atopar moita información sobre a mesma e as súas máis que interesantes iniciativas.
Paréceme moi interesante iso de educar antes ás mulleres ca os homes; moitas veces pensei que o machismo era un problema de educación, pero en ambas partes, se ben é certo que é fácil observar que moitas mulleres, e, sobre todo no eido rural, non se valoran a sí mesmas. Cargan co peso do traballo e da familia sen atender a que hai outras formas de gañar a vida e de superarse. Mais tamén penso que a educación nos homes é fundamental, posto que unha sociedade patriarcal non pode cambiar se os propios homes non aceptan que son iguais en dereitos e oportunidades ás mulleres. Por sorte, aínda que moi lentamente, como dixo a entrevistada, estase evolucionando neste sentido. Da entrevista quédome cunha sensación: todo é un problema de educación.
ResponderEliminarPersoalmente, creo que a educación é a principal ferramenta para conseguir erradicar a desigualdade de xénero. Neste senso creo que asociacións como a Asociación de Mulleres de Camariñas pola Igualdade realizan unha labor excepcional, xa que moitas veces son as propias mulleres as que non se valoran a sí mesmas. Como ben dixo Déborah, é importante facerlles ver que hai outras formas de vivir, e este tipo de asociacións difunden esta mensaxe con cada unha das súas iniciativas, e isto, pouco a pouco vai calando na sociedade.
EliminarEu tamén penso que o primeiro paso é educar ás mulleres, xa que cando as mulleres se valoran, semella máis doado facerlles ver aos homes que son iguais a nós en dereitos e en deberes.
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
ResponderEliminarInteresante la propuesta de integración de la mujer en el espacio rural a través de proyectos de emprendimientos económicos. Siendo uno de los factores del maltrato o exclusión la dependencia económica. En el caso del Perú, la situación de la mujer rural es mucho más precaria, al tener mayores dificultades a la educación (alto porcentaje de nuestra población femenina analfabeta se encuentra en el medio rural), acceso a servicios de salud, justicia, etc.
ResponderEliminarConociendo experiencias de organización de mujeres (como la que expones) se puede plantear que una condición social y económica de la mujer rural puede ser distinta a las actuales.
Me parece una reflexión muy interesante, Jackie. Creo que la labor de estas asociaciones es muy importante y que como bien dices, es posible que la condición social y económica de la mujer en el medio rural cambie, aunque sin duda será un proceso lento. En el caso de tu país seguro que los avances que se hagan en educación en la población rural, sobre todo de mujeres, serán muy determinantes para que el papel de la mujer mejore y deje de ser económicamente dependiente.
ResponderEliminar