miércoles, 6 de junio de 2012

Como difundir a innovación?




Se algo está claro é que a innovación é a chave do desenvolvemento económico e social dun territorio, xa que constitúe unha fonte inesgotable de cambios. Por iso, precisamente, a difusión e divulgación da mesma ten unha enorme importancia neste proceso. Neste contexto, o Centro de Coñecemento da Costa da Morte tenta poñer ao cidadán como protagonista da innovación, e isto require explicala e que o cidadán sexa quen de entendela.

Unha labor tan importante coma esta pode parecer, nun primeiro momento, sinxela, máis nun territorio como é a Costa da Morte, eminentemente rural, onde a poboación se atopa moi dispersa e en moitos casos non se atopa moi familiarizada coas novas tecnoloxías da información e da comunicación, non o é tanto. Co obxectivo de saltar os obstáculos que separan aos cidadáns da nosa comarca da innovación, o C3M propón varias iniciativas.

En primeiro lugar, dito centro, contará cun horario de apertura moi amplo no que terán lugar moitas actividades ás cales todo o mundo, dende nenos ata maiores, pasando por empresas e en definitiva, o conxunto da sociedade, terá cabida. Entre estas actividades celebraranse seminarios, conferencias e debates que sexan útiles sirvan para enriquecer o proceso da innocación.  Por outra parte, para combatir o problema do elevado grao de dispersión da poboación rural, o Centro de Coñecemento da Costa da Morte  contará cunha sé portátil para que todos os cidadáns teñan acceso a coñecer de primeira man o que significa a innovación.

Outra iniciativa que propón esta institución é a de construír un Banco de Ideas. Isto consiste en poñer en relación a profesionais e a equipos que posúen idas concretas con empresas que contan con capacidade de impulso, posibilidades financeiras, equipamentos técnicos ou mercados potenciais. Deste xeito, todo aquel  que teña unha idea pode buscar socios, financiamento, recursos humanos e todo o necesario para materializala.

Na miña opinión, todas estas ideas son moi interesantes pero teño as miñas dúbidas ao respecto de se poderán chegar a levarse a cabo, posto que sobre o papel todo é moi sinxelo, pero na realidade existen moitas trabas que poden obstaculizar estes procesos de difusión, e cómpre contar con moitos apoios. Por exemplo, no caso do Banco de Ideas, é imprescindible a colaboración das empresas, e na época de crise económica que estamos a vivir pode resultar complicado.

Que opinades vós? Credes que o C3M será quen de lograr a difusión da innovación? Cales serán as principais barreiras coas que pensades que se vai a atopar?

Enlázovos a un vídeo que atopei sobre o Centro de Coñecemento da Costa da Morte, por se queredes coñecelo máis en profundidade.

1 comentario:

  1. Paréceme unha gran iniciativa a de tentar implica-los habitantes da Costa da Morte neste proceso de familiarización coas TIC. Con todo, é certo que existen certas barreiras á hora de levar a cabo este proceso, xa que en moitas ocasións non abonda con achegar estas tecnoloxías á xente, senón que cómpre ensinarlles como se usan, que poden aportar de utilidade para mellora-las vidas dos cidadáns. Porque se non, ó final, o feito de ter un maior contacto coas TIC pode ser insuficiente para contribuír ó desenvolvemento da comarca.

    ResponderEliminar